domingo, 19 de xuño de 2022

A BATALLA DAS PALABRAS

 A Batalla das Palabras.

Intervención artística realizada polo alumnado do Departamento de Artes Plásticas coa colaboración do Departamento de Historia en honor a Francisco Tettamancy e os seus estudos sobre a Batalla de Cacheiras. 

O alumnado quixo facer un monumento á palabra, fomentando o poder da palabra como arma para conseguir libertades e dereitos. Esta instalación artística está formada por filas de papeis con versos do poema ABRIL 1846 en honor da Batalla de Cacheiras de Francisco Tettamancy e outros papeis en branco para futuras batallas. Colocáronse estas columnas de papeis sobre un leito de pedras e polas pintadas de negro, símbolo das batallas que intentaron conseguir estas mesmas libertades. Este muro de papeis é o panel de proxección dun vídeo realizado polo alumnado cun texto en off do poema antes mencionado e vídeos de paisaxes da contorna onde discorre a famosa Batalla.

Tamén creouse un muro de pólas verticais, símbolo da batalla de Cacheiras, que fan de ligazón a diversos paneis informativos sobre o autor Francisco Tettamancy e o seu legado, situando diferentes feitos históricos de xeito cronolóxico.

No chan colocouse un mural con deseños de petroglifos enlazando con diversos estudos do autor e como símbolo das sementes culturais e artísticas de Galicia. Este mural establece un diálogo cunha exposición de obras expresionistas abstractas realizadas polas alumnas e alumnos simbolizando a violencia das batallas.




Ningún comentario:

Publicar un comentario