venres, 16 de febreiro de 2024

domingo, 19 de xuño de 2022

Conto ilustrado.

Ejercicio de ilustración de 2º BAC. Inventar unha pequena historia e realizar tres ilustracións.



Mateo Villán Janeiro






A BATALLA DAS PALABRAS, GAÑADOR DO PREMIO ESCOLAR FRANCISCO TETTAMANCY 2022

 A batalla das palabras, a intervención artística realizada polo alumnado do Departamento de Artes Plásticas coa colaboración do Departamento de Historia en honor a Francisco Tettamancy e os seus estudos sobre a Batalla de Cacheiras, resultou gañadora do Premio Escolar Francisco Tettamancy 2022.


O xurado, que concedeu o galardón por unanimidade, valorou "a orixinalidade da proposta, a innovación no uso da linguaxe artística contemporánea, a integración dos distintos medios artísticos e a calidade na formalización". Tamén destacou moi positivamente "a implicación dos diferentes departamentos do centro educativo, así como o esforzo, durante a fase de difusión, por integrar a toda a comunidade educativa do IES". Dotado con 2.000 euros para a compra de material escolar, o certame ten como obxectivo popularizar e divulgar entre a mocidade, desde unha perspectiva lúdica e participativa, o legado do escritor, historiador e activista galeguista. 

Un vídeo do IES de Cacheiras gaña o Premio Escolar Francisco Tettamancy 2022, convocado pola Deputación da Coruña


Presidido por María Muíño, deputada de Normalización Lingüística, o xurado estivo formado por Agar Ledo Arias, José María Mesías Lema e Ángeles Díaz Seoane. Actuou como secretaria Dores Sánchez Alegre, técnica de normalización lingüística da institución provincial.

A BATALLA DAS PALABRAS

 A Batalla das Palabras.

Intervención artística realizada polo alumnado do Departamento de Artes Plásticas coa colaboración do Departamento de Historia en honor a Francisco Tettamancy e os seus estudos sobre a Batalla de Cacheiras. 

O alumnado quixo facer un monumento á palabra, fomentando o poder da palabra como arma para conseguir libertades e dereitos. Esta instalación artística está formada por filas de papeis con versos do poema ABRIL 1846 en honor da Batalla de Cacheiras de Francisco Tettamancy e outros papeis en branco para futuras batallas. Colocáronse estas columnas de papeis sobre un leito de pedras e polas pintadas de negro, símbolo das batallas que intentaron conseguir estas mesmas libertades. Este muro de papeis é o panel de proxección dun vídeo realizado polo alumnado cun texto en off do poema antes mencionado e vídeos de paisaxes da contorna onde discorre a famosa Batalla.

Tamén creouse un muro de pólas verticais, símbolo da batalla de Cacheiras, que fan de ligazón a diversos paneis informativos sobre o autor Francisco Tettamancy e o seu legado, situando diferentes feitos históricos de xeito cronolóxico.

No chan colocouse un mural con deseños de petroglifos enlazando con diversos estudos do autor e como símbolo das sementes culturais e artísticas de Galicia. Este mural establece un diálogo cunha exposición de obras expresionistas abstractas realizadas polas alumnas e alumnos simbolizando a violencia das batallas.




NON. EMOCIÓNS DE PROTESTA DE 1º E 3º ESO

 Estes últimos días de curso podedes desfrutar da exposición de traballos do alumnado de 1º e 3º ESO inspirados no expresionismos abstracto.

Está na cafetería do centro, non vola perdades!



martes, 14 de xuño de 2022

Interpretación ducha Imaxe fotográfica.


 O alumnado de debuxo artístico interpretou imaxes elixidas por eles con diferentes técnicas.



Laura Rey

Silvia López


Ana Martínez


sábado, 4 de xuño de 2022

A batalla das palabras. Videocreación a partir do poema de Francisco Tettamancy.



A batalla das palabras. Videocreación realizada dentro do proxecto "Aturuxofims" a partir do poema de Francisco Tettamancy  e a instalación artística  creada no departamento de plástica en conmemoración do autor homenaxeado.

xoves, 2 de xuño de 2022

Paisaje inspirado en Guim Tió.



 







Paisajes realizados por  Zakaria Abarache  e Lucía Baluja .

Cadros inspirados no expresionismo abstracto.


 O alumnado de 1º de bacharelato na materia de debuxo artístico realizou exercícios de mancha inspirados no expresionismo abstracto a partir de autores como Robert  Motherwell ou Franz Kline.















Imanes de Franz Kline e Motherwell.











































Cadros realizados polo alumnado de 1º de bacharelato.

martes, 17 de maio de 2022

EXPOSICIÓNS DE TRABALLOS DE ALUMNADO DE DEBUXO ARTÍSTICO. CURSO 2021-22.

Este curso fixemos varias exposicións no corredor principal e na cafetería  de traballos realizados polo alumnado de bacharelato na materia de debuxo artístico.

Deseño de emocións, estampación e debuxo de follas e debuxo de paisaje e bodegón. 
   












FRANCISCO TETTAMANCY. INSTALACIÓN ARTÍSTICA.

 Esta semana inauguramos unha instalación artística en torno á figura de Francisco Tettamancy e a Batalla de Cacheiras creada polo alumnado dos departamentos de Artes Plásticas e Xeografía e Historia.

A batalla das palabras pon en valor o diálogo e a palabra fronte á violencia.


















Vista da proxección de vídeo e de alumnado de 3º explicando a instalación.

martes, 16 de novembro de 2021

Impresionismo.

Visualizar este vídeo.

domingo, 27 de xuño de 2021

venres, 29 de xaneiro de 2021

mércores, 2 de decembro de 2020

Imaxe da habitación para exercicio de perspectiva.

 Aquí tedes a imaxe que explicamos hoxe en clase.



luns, 9 de novembro de 2020

Tanxencias



 Aquí tedes os enlaces aos exercicios de tanxencias:

Circunferencias tanxentes a dúas circunferencias que pasen por un punto dado.

https://youtu.be/CN4C0OVZoFE

https://youtu.be/HBX7WvD793U


Circunferencias tanxentes entre si e a unha circunferencia dada:

https://youtu.be/SgQ4tbHYjTM



martes, 3 de novembro de 2020