xoves, 26 de marzo de 2020

1º BAC. DEBUXO TÉCNICO. PLANOS EN DIÉDRICO.

Neste enlace tedes unha explicación  da representación do plano en sistema diédrico,  a nomenclatura dos elementos é diferente a como a demos na clase.
Espero que vos sexa de axuda:
https://www.10endibujo.com/plano-diedrico/

Aquí tedes vídeos sobre xeometría:

https://www.profesordedibujo.com/sistema-diedrico/fundamentos-del-sistema/

mércores, 25 de marzo de 2020

A COR: 3ºB E 3ºD.

Comezamos un novo tema: a cor, propoño que visitedes a seguinte páxina web:  http://www.educacionplastica.net/MenuColor.htm e que fagades  as actividades propostas.
Ademáis publico unha presentación que vos pode interesar:

https://www.slideshare.net/luciaag/el-color-caracteristicas-generales

luns, 23 de marzo de 2020

Revisar os seguintes contidos en “educaciónplástica.net”. 1º BAC. DEBUXO TÉCNICO.

http://www.educacionplastica.net/MenuDie.htm

Revisar a teoría do plano en diédrico: posicións, rectas do plano, formas de definir un plano e posicións relativas entre rectas e planos.

Envío exercicios de práctica.
Saúdos

venres, 20 de marzo de 2020

Recordade mandar os traballos ao correo!!

Recordade mandar os traballos ao correo!!

martes, 17 de marzo de 2020

1º BAC. DEBUXO TÉCNICO.

Ola a tod@s, teño en marcha a aula virtual para poñeros exercicios de diédrico.
Intentade entrar, hai un arquivo en word e pdf con 3 exercicios.

Saúdos e a coidarse...

Recordade mandar os exercicios ao correo!! e podedes facer comentarios no blog.

1º e 2º de BAC. Debuxo artístico.

Visualizar este vídeo sobre o renacimiento.

https://youtu.be/JR4lPeg6uVU

1º BAC. Debuxo artístico.

Despois de rematar os debuxos de perspectiva tedes dúas propostas:

1ª proposta: Inspirarse nalgún dos autores da seguinte presentación, realizando unha composición na que os espazos en perspectiva sexan os protagonistas: técnica e soporte libres. Tamaño A3 ( Non ten que haber figuras)

Stefano di Giovanni.   Sassetta 
Piero della Francesca
Giogio de Chirico 

Urbano Lugrís

 Pérez Villalta

2º BAC. DEBUXO ARTÏSTICO.

Ola de novo,  concretando pautas para a realización do exercicio de perspectiva:
Que recorde moitos elexíchedes a imaxen da rúa, tedes a imaxe publicada neste blog.
Igor e Raquel estaban no pasillo, agora podedes elexir algún rincón da vosa casa ou algunha imaxe das publicadas.... O resto elexíades vos unha fotografía.
Ao rematar este exercico hai dúas propostas para rematar a avaliación, elexides vos por cal comenzar.

1ª proposta: Inspirarse nalgún dos autores da seguinte presentación, realizando unha composición na que os espazos en perspectiva sexan os protagonistas: técnica e soporte libres.( Non ten que haber figuras)

Stefano di Giovanni.   Sassetta 
Piero della Francesca
Giogio de Chirico 

Urbano Lugrís

 Pérez Villalta

luns, 16 de marzo de 2020

2º BAC. Debuxo artístico.

Ola a tod@s, tedes publicadas as fotos de perspectiva que proxectei en clase, está a da rúa que é a que elexíades case tod@s.

Mañá vos explico o seguinte proxecto. Ide mirando o vídeo sobre renacimiento publicado o venres 13/03 nunha das entradas recentes.

Saúdos, vémonos pronto.

Debuxo artístico. 1º BAC.

Ola a tod@s, tedes publicadas as fotos de perspectiva que proxectei en clase, publico o resto para que poidades rematalas, tedes que facer un mínimo de 3 imaxes.

Mañá vos explico o seguinte proxecto. Ide mirando o vídeo sobre renacimiento publicado o venres 13/03 nunha das entradas recentes.

Estamos a facer un grupo de WhatsApp. Falade con Diego ou con Celia para que vos meta no grupo.

Saúdos, vémonos.

Debuxo técnico. 1º BAC.

Bo día, comezamos esta etapa de aillamento... e comezamos dando un repaso á páxina de
educaciónplástica.net ( apartado de sistema diédrico), ides facendo os exercicios de punto e recta e visualizando como se representan os tres elementos: Punto, recta e plano.
Atendede á explicación de como definir un plano a partir de diferentes elementos: 3 puntos, 1 punto e 1 recta, 2 rectas que se cortan e 2 rectas paralelas.

http://www.educacionplastica.net/MenuDie.htm

Ides facendo estos exercicios e rematades os que vos repartín a semana pasada, xa veremos como facemos entrega e corrección.

Estou mirando de traballar tamén coa aula virtual.

Estamos a facer un grupo de WhatsApp. Falade con Diego para que vos meta no grupo.

Saúdos, vémonos pronto.

domingo, 15 de marzo de 2020

3º ESO D.

Ola a tod@s. Como xa vos dixen, imos seguir en contacto a través deste blog.

Aos traballos de perspectiva pendentes de entrega , lles facedes unha foto e os mandades ao correo asociado a este blog. epvcacheiras@gmail.com.
Aquí tedes as imaxes por se alguén ten que rematar algunha.

Tedes que rematar a habitación e facer outra con outras medidas inventando algo de mobiliario.
Imaxe para inspirarse:

Saúdos e ata pronto.

3º de ESO B:

Traballo para 1ºESO D.

Ola a tod@s. Como xa vos dixen, imos seguir en contacto a través deste blog.
Tedes o tema "Debuxo técnico II"nos  contidos edixgal, e como tarefa ides ler o tema e facer as actividades.

Aos traballos de perspectiva pendentes de entrega , lles facedes unha foto e os mandades ao correo asociado a este blog. epvcacheiras@gmail.com.
Aquí tedes as imaxes por se alguén ten que rematar algunha.

Saúdos e ata pronto.

Imaxes para debuxo de perspectiva.

Traballo para 1º B.

Ola a tod@s. Como xa vos dixen imos  seguir en contacto a través deste blog.
Tedes o tema "Debuxo técnico II"nos  contidos edixgal, como tarefa ides ler o tema e facer as actividades.

Aos traballos de perspectiva pendentes de entrega , lles facedes unha foto e os mandades ao correo asociado a este blog. epvcacheiras@gmail.com.
Aquí tedes as imaxes por se alguén ten que rematar algunha.

Saúdos e ata pronto.

venres, 13 de marzo de 2020

Alerta sanitaria

Como xa vos expliquei en clase imos seguir en contacto mediante este blog,
irei publicando información para cada curso.

Vémonos pronto. Ide mirando o vídeo publicado na entrada anterior sobre o renacimiento italiano...

Ilustración de Manuel Vieites.

PINTORES (Tiziano) 1490-1576