martes, 5 de maio de 2020

Ilustrar unha emoción. 1º e 2º BAC.

Realizar unha composición de formato e técnica libres que ilustre unha emoción, pode ser a que vos queirades( amor, alegría, medo angustia, terror, empatía, felicidade.....)
Tedes que realizar dúas imaxes a partir da emoción elixida, unha figurativa e outra abstracta. Entregar ao correo de clase por favor: epvcacheiras@gmail.com.
Aquí tedes como exemplo  imaxes feitas por alumnado de cursos anteriores.








Deseño de cómic.

Exercicio para entregar o 27 – 04. Realizar un cómic ou banda deseñada nun espazo de dous folios con técnica libre, en branco e negro ou a cor. Tema relacionado co momento actual de confinamento: pode ser unha anécdota, un sentimento, unha descrición do que estamos a vivir……un desexo… Non ten que haber figuras ou podedes facer o cómic a partir de fotos ás que lles podedes engadir o texto. Podedes facelo a man ou dixitalmente. Pode ser unha única imaxe a dúas páxinas tipo ilustración, ou dúas imaxes. Con ou sen texto. O texto pode ser unha reflexión, unha enumeración, un diálogo, un poema.... Se tedes pensado facer cómic con varias viñetas tedes que cambiar de plano. Facer variacións entre primeiro plano, plano xeral, plano detalle...para darlle riqueza ao deseño a axudar ao desenvolvemento da acción.