Ejercicio de ilustración de 2º BAC. Inventar unha pequena historia e realizar tres ilustracións.
plataforma de difusión da didáctica da plástica no IES Cacheiras e no IES de Sar administrada por Montse Amigo.
domingo, 19 de xuño de 2022
A BATALLA DAS PALABRAS, GAÑADOR DO PREMIO ESCOLAR FRANCISCO TETTAMANCY 2022
A batalla das palabras, a intervención artística realizada polo alumnado do Departamento de Artes Plásticas coa colaboración do Departamento de Historia en honor a Francisco Tettamancy e os seus estudos sobre a Batalla de Cacheiras, resultou gañadora do Premio Escolar Francisco Tettamancy 2022.
O xurado, que concedeu o galardón por unanimidade, valorou "a orixinalidade da proposta, a innovación no uso da linguaxe artística contemporánea, a integración dos distintos medios artísticos e a calidade na formalización". Tamén destacou moi positivamente "a implicación dos diferentes departamentos do centro educativo, así como o esforzo, durante a fase de difusión, por integrar a toda a comunidade educativa do IES". Dotado con 2.000 euros para a compra de material escolar, o certame ten como obxectivo popularizar e divulgar entre a mocidade, desde unha perspectiva lúdica e participativa, o legado do escritor, historiador e activista galeguista.
Presidido por María Muíño, deputada de Normalización Lingüística, o xurado estivo formado por Agar Ledo Arias, José María Mesías Lema e Ángeles Díaz Seoane. Actuou como secretaria Dores Sánchez Alegre, técnica de normalización lingüística da institución provincial.
A BATALLA DAS PALABRAS
A Batalla das Palabras.
Intervención artística realizada polo alumnado do Departamento de Artes Plásticas coa colaboración do Departamento de Historia en honor a Francisco Tettamancy e os seus estudos sobre a Batalla de Cacheiras.O alumnado quixo facer un monumento á palabra, fomentando o poder da palabra como arma para conseguir libertades e dereitos. Esta instalación artística está formada por filas de papeis con versos do poema ABRIL 1846 en honor da Batalla de Cacheiras de Francisco Tettamancy e outros papeis en branco para futuras batallas. Colocáronse estas columnas de papeis sobre un leito de pedras e polas pintadas de negro, símbolo das batallas que intentaron conseguir estas mesmas libertades. Este muro de papeis é o panel de proxección dun vídeo realizado polo alumnado cun texto en off do poema antes mencionado e vídeos de paisaxes da contorna onde discorre a famosa Batalla.
Tamén creouse un muro de pólas verticais, símbolo da batalla de Cacheiras, que fan de ligazón a diversos paneis informativos sobre o autor Francisco Tettamancy e o seu legado, situando diferentes feitos históricos de xeito cronolóxico.
No chan colocouse un mural con deseños de petroglifos enlazando con diversos estudos do autor e como símbolo das sementes culturais e artísticas de Galicia. Este mural establece un diálogo cunha exposición de obras expresionistas abstractas realizadas polas alumnas e alumnos simbolizando a violencia das batallas.
NON. EMOCIÓNS DE PROTESTA DE 1º E 3º ESO
Estes últimos días de curso podedes desfrutar da exposición de traballos do alumnado de 1º e 3º ESO inspirados no expresionismos abstracto.
Está na cafetería do centro, non vola perdades!
martes, 14 de xuño de 2022
Interpretación ducha Imaxe fotográfica.
O alumnado de debuxo artístico interpretou imaxes elixidas por eles con diferentes técnicas.
sábado, 4 de xuño de 2022
A batalla das palabras. Videocreación a partir do poema de Francisco Tettamancy.
xoves, 2 de xuño de 2022
Cadros inspirados no expresionismo abstracto.
O alumnado de 1º de bacharelato na materia de debuxo artístico realizou exercícios de mancha inspirados no expresionismo abstracto a partir de autores como Robert Motherwell ou Franz Kline.
Imanes de Franz Kline e Motherwell.
martes, 17 de maio de 2022
EXPOSICIÓNS DE TRABALLOS DE ALUMNADO DE DEBUXO ARTÍSTICO. CURSO 2021-22.
FRANCISCO TETTAMANCY. INSTALACIÓN ARTÍSTICA.
Esta semana inauguramos unha instalación artística en torno á figura de Francisco Tettamancy e a Batalla de Cacheiras creada polo alumnado dos departamentos de Artes Plásticas e Xeografía e Historia.
A batalla das palabras pon en valor o diálogo e a palabra fronte á violencia.