luns, 15 de xuño de 2015

Animacións.

Aquí tedes outra animación realizada por Antonella, Ángel e Brais de 4º ESO C.


Fotos retocadas

A partir das fotos de paisaxe e textura natural o alumnado de 4º ESO fixo montaxes coas fotos retocadas, aquí tedes uns exemplos.

Montaxes de Daniel Boquete, David Montoto e Pablo García.






































Animacións 2015

Conxunto de audiovisuais realizados a partir de textos poéticos e narrativos escollidos polos propios alumnos e alumnas. Despois de seleccionar os textos na biblioteca do centro o alumnado de 4º de ESO  realizou animacións stop motion.





Exposición de deseños para a biblioteca.

O alumnado de 4º de ESO creou diferentes modelos de vinilos para situar na entrada da biblioteca.
A idea a transmitir é o fomento da lectura dende unha perspectiva cercana ao alumnado e a súa situación xeográfica e linguística.

Deseños de Rocío Lueiro, Miguel Calvo e David Montoto.







luns, 1 de xuño de 2015

Animacións 2015

Gonzalo, Marcos e Victor                        

Spot de contra o consumo de drogas feito en stop motion, 4º de ESO.

Montaxes audiovisuais a partir de ilustracións.

Montaxes audiovisuais a partir de ilustracións realizadas en 3º e 4 ºde ESO.


Miguel Calvo e David Montoto.               

Spots en animación de promoción do galego.



O alumnado de 4º de ESO fixo a montaxe final dalgúns dos anuncios realizados de promoción do uso do galego.


O ciclo da vida, Exipto e Móllate polo galego.  

Sentindo en galego.

Exposición con ilustracións realizadas en 1º e 4º de ESO co tema das emocións, a actividade desenvolveuse en tres partes: Estudo da intelixencia emocional, análise do traballo de diversos deseñadores  e realización das imaxes.


Vista da exposición.
Ilustración de Yessica Rey.

Contra a violencia dexénero, pola igualdade.

Dentro das actividades programadas para traballar na aula a problemática da violencia de xénero, o alumnado de 4º de ESO fixo audiovisuais cos carteis realizados con anterioridade, aquí tedes un exemplo.

  Nós contra a violencia de xénero.    

Exposición de fotografía na planta baixa do centro.

Rematouse a exposición cunha selección das  fotografías realizadas en 4º de ESO, o tema era a paisaxe e a textura natural.


Estela Fuentes
Raquel Mosteiro
 Antía Midón
David Montoto

mércores, 11 de marzo de 2015

Contra a violencia de xénero.

Fixemos unha exposición na cafetería do centro. Pola igualdade e contra a violencia de xénero.