domingo, 19 de xuño de 2022

A BATALLA DAS PALABRAS, GAÑADOR DO PREMIO ESCOLAR FRANCISCO TETTAMANCY 2022

 A batalla das palabras, a intervención artística realizada polo alumnado do Departamento de Artes Plásticas coa colaboración do Departamento de Historia en honor a Francisco Tettamancy e os seus estudos sobre a Batalla de Cacheiras, resultou gañadora do Premio Escolar Francisco Tettamancy 2022.


O xurado, que concedeu o galardón por unanimidade, valorou "a orixinalidade da proposta, a innovación no uso da linguaxe artística contemporánea, a integración dos distintos medios artísticos e a calidade na formalización". Tamén destacou moi positivamente "a implicación dos diferentes departamentos do centro educativo, así como o esforzo, durante a fase de difusión, por integrar a toda a comunidade educativa do IES". Dotado con 2.000 euros para a compra de material escolar, o certame ten como obxectivo popularizar e divulgar entre a mocidade, desde unha perspectiva lúdica e participativa, o legado do escritor, historiador e activista galeguista. 

Un vídeo do IES de Cacheiras gaña o Premio Escolar Francisco Tettamancy 2022, convocado pola Deputación da Coruña


Presidido por María Muíño, deputada de Normalización Lingüística, o xurado estivo formado por Agar Ledo Arias, José María Mesías Lema e Ángeles Díaz Seoane. Actuou como secretaria Dores Sánchez Alegre, técnica de normalización lingüística da institución provincial.

Ningún comentario:

Publicar un comentario